A Xuntanza terá lugar o sábado 22 de setembro no Pavillón de Cerdedo. Iniciarase ás 12:00 horas cun acto relixioso na Igrexa de Cerdedo, posteriormente ás 12:40 horas actuación dos Abrentes de Cerdedo.
Ás 13:30 horas apertura do pavillón, o xantar de confraternización comezará ás 14:00 horas, rematado o cal haberá diversas actividades culturais e de lecer.
O Concello pon a disposición dos veciños autobuses para que todo o mundo poida acudir á comida, deberán comunicalo no momento da inscrición, os días 20 ao 21 de setembro terán que chamar o concello para saber parada e horas de recollida.
REQUISITOS:
- Estar empadroados.
- Ter 65 anosou pensionistas con 55 anos, así como os cónxuxes de ambos
- As persoas non empadroadas nacidas en Cerdedo-Cotobade e os seus cónxuxes, poderán participar pagando a totalidade do prato.
- Fillos con discapacidade intelectual acompañados dun adulto.
- Maiores do Fogar Residencial de Cerdedo-Cotobade
CUOTA DE INSCRICIÓN: 10 EUROS
LUGAR E DATA DE INSCRICIÓN:
- CERDEDO: Do 27 de agosto o 20 de setembro na oficina de Servizos Sociais, en horario de 10:00 horas ata 13:30 horas, rematando o prazo o día 20 de setembro.
- COTOBADE: Do 10 de setembro o 20 de setembro, na oficina de Servizos Sociais, en horario de 10:00 horas ata 13:30 horas, rematando o prazo o día 20 de setembro.
Para máis información:
- Sede de Carballedo: Enderezo: Chan, 11, 36856 – Carballedo| Teléfono: 986 760 001
- Sede de Cerdedo: Enderezo: Praza do Concello, 1, 36130 | Teléfono: 986 753 006
- Correo electrónico: concello@cerdedo-cotobade.gal