Homenaxe a Virxilio Viétez

Homenaxe Virxilio.png

O Concello de Forcarei quere convidar a todos os veciños e visitantes a asistir o domingo 19 á homenaxe popular ao fotógrafo Virxilio Viéitez con motivo do décimo aniversario do seu pasamento. Será ás 12.00 horas no auditorio de Soutelo de Montes.

Organiza: Concello de Forcarei e Familia de Virxilio Viéitez

Virxilio Viéitez

Naceu en Soutelo de Montes no municipio pontevedrés de Forcarei o 23 de outubro de 1930.

Comezou a traballar na construción con dezaseis anos e emigrou a Cataluña para exercer similar traballo. En Palamós coñeceu a Xullo Pallí que lle ensinou o oficio da fotografía.​ Comezou a traballar de fotógrafo na Costa Brava facendo retratos aos turistas, en 1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudo fotográfico no seu pobo natal, dese modo tivo ocasión de retratar a moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima.

As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en actos sociais como comunións, velorios ou bautizos, pero tamén en actividades cotiás, con relación á súa técnica a maioría das súas fotos son en branco e negro aínda que nos anos setenta realizou algunha en cor.

Abandonou a actividade fotográfica nos anos oitenta, pero nos noventa a súa obra foi revalorizada protagonizando a representación da fotografía galega na VIII edición da Fotobienal de Vigo en 1998 e despois no Museo de Arte Contemporánea MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición “150 anos de fotografía en España” seleccionada por Publio López Mondéjar que estivo na Coruña e Ourense, na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, en Ámsterdam e en Nova York.

Faleceu na mesma vila en que naceu o 15 de xullo de 2008.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s