Os Abrentes recrean a primeira formación dos Gaiteiros de Soutelo

Formación.jpg

O vindeiro sábado 18 de agosto levarase a cabo a XXXIX Festa do Gaiteiro, homenaxeando a Avelino Cachafeiro.

Neste ano 2018 temos que sinalar o 90 aniversario da primeira gravación da popular “Muiñeira de Chantada” realizada no ano 1928 polos Gaiteiros de Soutelo.

A súa primeira formación estaba composta por unha gaita, tocada por Avelino Cachafeiro, un frautín feito polo artesán Joaquín García García no seu obradoiro de Riobó, tocado por Castor Cachafeiro, unha caixa tocada por Bautista Cachafeiro e un bombo tocado por Fermín Cachafeiro.

Gaiteiros de Soutelo

Anos máis tarde sería cando adoptan o dúo de gaitas e pasarían á formación de cuarteto, que tivo moita trascendencia naquela época, chegando a dicir moita xente que foron os primeiros en “inventar” este tipo de formación.

Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo voltamos aos inicios deste grupo nesta XXXIX Festa do Gaiteiro e achegaremos unha formación similar: gaita, frautín, caixa e bombo tocados por membros do grupo de gaitas.

foto-recreaciocc81n.jpg

Ademáis dos Abrentes, haberá música durante todo o día. Pola mañá, ás 11:30h o pasarrúas correrá a cargo dos grupos Foula, Os Terribles de Camposancos e a Banda de Gaitas de Forcarei. Ás 12:30h terá lugar o pregón e a ofrenda floral na Praza do Gaiteiro, da man de Xurxo Souto, Oscar Ibáñez e a Banda de Gaitas de Forcarei. A sesión vermut previa ao xantar popular que terá lugar na carballeira, ás 13:30h, será amenizada polo grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo.

Xa pola tarde será a quenda da ruada, que comezará ás 16:30h coas agrupacións As Pandereteiras de Quireza, A Flor do Toxo, As Rebuldeiras de Soutelo e os Terribles de Camposancos.

O fin de festa correrá a cargo da Carballeira de Cercio, ás 20:30h na Praza dos Gaiteiros.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s