Grupos participantes no festival…

“V Festival de música tradicional de Cerdedo”

– Pandereteiras Rebuldeiras –
– Os Fervellos do Pío –
– Os Afoutes do Canón de Pau –
– Agrupación Folclórica Celme –

Presenta: Raquel Touriño

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra

As pandereteiras Rebuldeiras (Soutelo de Montes)

As pandereteiras Rebuldeiras

A pandeireta era instrumento indispensable para facer as ruadas na zona de Forcarei: Soutelo de Montes, Presqueiras… e tamén en concellos veciños coma o de Cerdedo: Folgoso, Pardesoa, Figueroa, Castro, Meilide, Barro de Arén, Lourido, Carballás, Avelaíndo e mesmo Caroi.

É por iso que a finais do ano 2016 unhas veciñas de Soutelo de Montes de distintas xeracións comezaron con este proxecto musical: As Rebuldeiras de Soutelo, co motivo de recompilar pezas tradicionais da zona da Terra de Montes.


Os Fervellos do Pío (Bora)

Os Fervellos do Pío

O carácter fervello dos seus compoñentes e o lugar onde habitualmente ensaian, o Pío, na parroquia de Bora en Pontevedra, da lugar ó seu nome: Os Fervellos do Pío, que na actualidade estase a coverter nunha asociación cultural, sendo un dos principais obxectivos fomentar a cultura tradicional galega a través da música.

Alá por outubro de 2015, despois de deixar a escola de gaitas da Deputación de Pontevedra, comezaron a quedar para tocar algunhas pezas. Posteriormente incorporáronse máis membros, sendo a formación musical actual catro gaitas, tambor, bombo e pandeireta.

Parte dos membros do grupo, anteriormente formaron parte activa doutras agrupacións como Os Alegres de Pontevedra, Vides Novas de Poio, Cantigas e Frores de Lugo ou do grupo Semente da Sociedade Galega Sementeira de Basilea (Suiza).

Actualmente participan en actividades organizadas por asociacións culturais e outras entidades.


Os Afoutes do Canón de Pau (Carballedo)

AFOU 1

A asociación cultural “Afoutes do Canon de Pau” xurde, no ano 2015, froito da fusión de dúas agrupacións: “Atrevidos” de Carballedo-Cotobade e “Atalúns” de Marcón-Pontevedra, co obxectivo de conservar, promover, difundir e poñer en valor a riqueza cultural que representa a nosa música tradicional como patrimonio intanxible de Galicia que dá sentido de identidade, pertenza e orgullo polo que consideramos de gran valor social para a nosa comunidade.

Actualmente está integrada por 22 asociados dos que 18 forman parte do grupo de música galega. Todos os membros estamos comprometidos coa música tradicional e sentimos a necesidade de achegala e compartila coa veciñanza.

Temos , na actualidade, a idea de crear unha escola de nenos e nenas a fin de que aprendan a amar o noso folclore e sintan a necesidade de preservalo, conseguindo, deste xeito, o relevo xeracional tan necesario.

Ademais de recibir semanalmente clases de gaita e percusión, tamén iniciamos clases de baile galego e, nalgunhas épocas do ano como o Nadal, canto tradicional.. A idea é crear memoria e dar visibilidade á nosa cultura.


Agrupación Folclórica Celme (Pontevedra)

IMG_7264

A Agrupación Folclórica Celme fundouse en 1984 por Enrique Domínguez Lino, natural de Pontevedra e actual Presidente e Director Artístico da agrupación, como consecuencia das inquedazas que tiña sobre a cultura tradicional galega. Entre as súas principais intencións está:

  • Promover festivais folclóricos cos que poidamos levar ó público en xeral as nosas inquedanzas materializadas por todo tipo de bailes e músicas galegas, cos que contribuiríamos a á identificación do pobo coa súa ampla cultura.
  • Realización de cursos e danza de Galicia, onde dende os máis pequenos ós máis grandes poidan afondar no crecemento e desenrrolo de temas tan interesantes e educativos como os que nos propoñemos.
  • Labor de investigación do folclore galego para tratar de rexurdir tradicións, músicas e bailes, hoxe esquecidos. Así como son costumes, vestiario, apeiros, etc. En xeral, toda aquela parte da etnografía do noso pobo.

Hoxe en día, forman a Agrupación 35 compoñentes entre corpo de baile, canto e grupo instrumental. Dispón dunha escola de danza, canto, pandeireta, tambor e outros instrumentos tradicionais, formada por máis de cen nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos.

Asesorados polos artesáns ouresáns Maruxa e Antero, amosa parte da variada riqueza que en vestiario dispón a comunidade galega:

  • Traxes de gala, as mulleres locen traxes de zonas de Montes, Tui, Santiago de Compostela, As Mariñas, Pontevedra, Terra Chá, Muros, Val Douro, Pazos de Arenteiro, Xinzo de Limia e Vilagarcía de Arousa. Os homes mostran tamén o vestiario de Montes, Ourense, As Mariñas, Mondariz, Santiago de Compostela, Pontevedra, Negrelle, Lérez e Lugo. Todos estes traxes adoitaban empregarse nas festas da clase alta.
  • Traxes de Faena de Negrelle e de Montes, onde destaca o pano rústico empregado nas labores do campo, así como os zocos de maderia e coiro.

Conta con destacadas actuacións representando a Galicia e a España en numerosos festivais e mostras nacionais e internacionais, en Suiza, Alemania, Holanda, Italia, Francia, Portugal, Bélxica, Polonia, Ucrania, Escocia, Grecia, Asturias, Murcia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Extremadura, Aragón, Valencia, Castela León e Castela A Mancha.

É de salientar en 1992, a xira por Holanda (II Festival Folclórico Internacional de Heeze), Alemania (III Festival Folclórico Internacional de Lauterbach) e Francia (IV Festival Mundial de Música e Folclore de Angers), representando a España en todos eles. Na Expo 92 de Sevilla, encargouse de organizar o espectáculo musical e folclórico representando a Galicia no seu día oficial. No 1993, destácase a súa actuación no “II Festival Internacional de Danzas Folclóricas de Liege” (Bélxica) , así como de xira por España. No 1994, fai unha xira por catro comunidades autonómicas por España e recibe o premio “Amigos de Pontevedra”, coincidindo co décimo aniversario da súa fundación.

No 1995, participou con rotundo éxito no “Festival Internacional de Edimburgo” (Escocia), como único representante español; e tamén polas comunidades autónomas de Andalucía, País Vasco e Madrid.

No 1996, efectuou unha xira por Polonia (“V Festival Folclórico Internacional Kupalnocka – 96”) e Ucrania (“V Festival Internacional de Kiev”); e por varias rexións de España (Aragón, Castela León e Murcia). Ó longo do 1997, conseguiu éxitos nos Festivais Internacionais de Italia (Cíngoli – Macerata e Petina – Salerno así como en Portugal, Palencia e no “VII Encontro Internacional Vila de Puente Genil” ( Córdoba ).

En 1998, participou no “Festival Akritea – 98” (Aridea – Grecia), no “XV Festival do Río” (Ovar – Portugal), no “Festival de Música e Baile de Cabrales” (Asturias), “Día de Galicia en Barcelona” organizado pola Asociación Toxos e Xestas de Barcelona; e sin esquecernos de mostras e festivais nacionais e internacionais pola comunidade autónoma galega. No 1999, actuou na “XIV Gala Internacional de Folclore de Ronda” e no “XXVI Festival Folclórico Nacional de Los Molinos del Romeral” (Toledo), “Festival Internacional de Barcelos” (Portugal) e a obtención do Primeiro Premio nas “I Xornadas de Música e Danza Galega de Vigo”. No 2000 destacou “XXX Festival Folklorico Interceltico de Lorient”, Francia; “IX Festival Folklorico Internacional de Marsella”, Francia; “I Festival Folklorico Nacional de Pola de Siero”, “IV Festival de Música y Baile de Barakaldo”, “IX Muestra Folklorica Nacional de San Pedro de Gaios” ( Segovia ). No 2001 destacou nas mostras do “XXV Festival Internacional da Pedralba”, Portugal; “XV Festival Do Mundo por Tierras de Cantabria”; “XX Festival de Folklore Nacional de Consuegra”, Toledo; “VI Festival do Mundo Celta de Avilés”; “I festival Folklorico nacional Victor Blanco”, Palencia. No 2002 nas mostras do “XX Festival de los Pueblos del Mundo de Caceres”, “XXV Festival Folklorico Internacional de Algezares – Murcia”. No 2003 nas mostras do “Festival Internacional de Adacs” (Hungria), “XV Encuentro de Música y Danza de Ciudad de Zaragoza”. No 2004 destacou no “XXXIV Festival Folklorio Intescéltico de Lorient” (Francia). No 2005 na Festa Galega da Peña de Galicia de California en Los Angeles. No 2006 no “X Festival Intercéltico de Avilés (Asturias). No 2007 no Festival Folklorico Internacional “Folklorama 2007” (Udine – Italia). No 2008 no Festival Folklorico Internacional de Marsella (Francia). No 2009 no Festival Internacional de Vilareal e no 2010 no Festival Internacional de Bourge Saint Maurice (Francia). No 2011 no “XXI Festival Internacional de Folklore Dunedin Dancers” de Edimburgo (Escocia). No 2012 no “XXV Festival Intercéltico de Avilés” (Asturias). No 2013 no “XV Festival Internacional de la Ciudad de Oporto” (Portugal). No 2014 no “7º Festival Internacional de Folklore de San Ginesio – Italia”, y nas “VI Jornadas Célticas del Oriente de Asturias”. No 2015 no “Festival France Folkore de Nimes”. No 2016 no “Festival Internacional de Vilareal – Portugal”, e no “XXV Feestival Internacional de Pola de Siero – Asturias). No 2017 no “Folkklore eb Fête Le Boupére – Francia” e no “XXII Festival Homenaje al Minero”- Puertollano

Froito do traballo de investigación e de recollida de danzas, cantigas e músicas por numerosas comarcas galegas, conta no seu repertorio dende Muiñeiras e Jotas, ata Ribeiranas, Panderetadas, Ruadas (Corrido, Muiñeira e Jota), Carballesas, Golpes, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s