Os Abrentes no programa “Aqui Galicia”

Aquí Galicia instálase na praza da Igrexa de Forcarei, localidade pontevedresa que esta fin de semana celebra a XXIV Festa Gastronómica da Richada, un prato que se elabora con carne de vitela de gran tenrura, zumenta e que en Forcarei se serve acompañada de patacas cocidas. A celebración gastronómica compleméntase este ano con actividades deportivas, astronomía, obradoiros de pesca e música.

O programa aproveita a viaxe para coñecer o potencial gastronómico, turístico, empresarial, agrícola, musical e cultural de Forcarei. Así, os reporteiros e as reporteiras lévannos ata algunhas das xoias turísticas da comarca coma o mosteiro de Aciveiro, o museo etnográfico Terras de Montes ou as neveiras de Fixó. Ademais, o programa visita o miradoiro do Outeiro do Coto e percorre o sendeiro do río Lérez, atravesando varias pontes e coñecendo os seus muíños.

Tamén vemos o día a día nunha explotación agraria, xa que este sector é un dos motores do concello e de toda a comarca, e comprobamos como a volta ao rural é unha opción fantástica, con dous exemplos: o dunha parella de rapaces que montaron unha empresa avícola e o dun emigrante que decidiu montar no seu concello natal unha moderna empresa.

Ademais, coñecemos o Observatorio Astronómico, un dos máis antigos de toda Galicia e, as vidas de dous grandes persoeiros naturais de Forcarei: o cineasta Chano Piñeiro e o gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro. Dado que xa estamos ás portas do Nadal, o programa ten como convidado a Carlos, o florista de Soutelo de Montes, máis coñecido como Cuqui polos espectadores da TVG, quen amosa os segredos para mercar e conservar a mellor flor de Pascua.

No capítulo musical, os protagonistas son Ruth Cundíns, a subcampioa do concurso “Recantos” da temporada pasada de “Luar”, que está a emprender unha exitosa carreira profesional; o grupo de música e canto tradicional Charangaitos, unha formación inspirada nas tradicionais burgas ou charangas; as pandeireteiras Lus de Keikoa; o grupo de música tradicional Os Abrentes e a academia de bailes de salón SondoDance.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s