Un dos fins da “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” é a investigación, coñecemento e conservación da música tradicional ademáis da promoción e organización de festas de carácter cultural. É por iso que dende fai uns anos estamos colaborando e mesmo a organizar os “Festivais de música tradicional” en Cerdedo.
Tanto na primeira edición como a segunda a “A. C. Os Abrentes de Cerdedo” colaborou na organización xunto coas Pandereteiras de Barro de Arén e a Comisión de Festas do Ecce Homo de Cerdedo.
Hoxe queremos compartir unhas fotografías que atopamos do que foi o segundo festival polas festas do Ecce Homo no ano 2005 onde participaron os seguintes grupos (non tódolos grupos participantes aparecen nelas):
- Andaina
- Herva Verde
- Tras do valo
- Donicelas
- Filandeira
- Pandereteiras de Barro de Arén
- Os Abrentes de Cerdedo